Anuncio dos números gañadores do sorteo da Campaña de Nadal 2024 da ARE
A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) informa que xa están dispoñibles os números gañadores e suplentes do sorteo da Campaña de Nadal 2024, realizado o pasado 8 de xaneiro. O sorteo premiou un total de 16 vales de compra de 50 €, que poderán ser utilizados nos negocios participantes na campaña.
Se tes algún dos números premiados ou suplentes, debes poñerte en contacto coa ARE para reclamar o teu premio antes do 15 de xaneiro de 2025, empregando calquera dos seguintes medios:
- Teléfono ou WhatsApp: 628 486 075
- Correo electrónico: info@are.gal
- Presencialmente na nosa sede: Rúa Hospital, 14, Rianxo
Lembramos que, segundo as bases do sorteo, os premios non reclamados dentro do prazo establecido pasarán ao primeiro suplente da listaxe correspondente e así sucesivamente.
Os vales de compra poderán recollerse ata o 24 de xaneiro de 2025 e serán válidos para gastar nos negocios participantes ata o 28 de febreiro de 2025.
Animamos a todas as persoas participantes a revisar as rifas e contactar connosco se teñen algún dos números gañadores ou suplentes. Grazas por apoiar o comercio local e por facer desta campaña un éxito rotundo!